Victor Prieto
Inicio | Biografía
superiorContenidos

Os 9 anos, inducido pola súa nai, iniciase na aprendizaxe do Acordeón noConservatorio de Música de Ourense,estudios que compaxinou có seu primeiro achegamento ao mundo do jazz na Escola EstudiodeSantiago de Compostela. En 1998 recibiu unha beca da Escola de Jazz Berklee College of Music para cursar estudios de Jazz Performance baixo a supervisión da pianista Joanne Brackeen, sendo na actualidade o único acordeonista que se especializou en Jazz Performance no Berklee College of Music.

 

Victor Prieto ten tocado e grabado con The Maria Schneider Jazz Orchestra, Arturo O'Farrill Latin Jazz Orchestra, Yo-Yo Ma, (Songs of Joy and Peace. Sony BMG Masterwoks. "Album Ganador dos Grammys 2010") Jeff Ballard, Chris Cheek, Paquito D’Rivera, Emilio Solla, Donny McCaslin, Lionel Louke, Matt Willson, entre outros.

 

 Tras a obtención do título en Berklee traslada a súa residencia a Nova Iorque,para traballar como Profesor de Acordeón Jazz no prestixioso Brooklyn Conservatory,ocupación que compaxina coas Master Classes (é o creador dunha nova técnica para acordeón, chamada “aproximación de acorde en ámbalas dúas mans”, coa que conseguecrear harmonías non interpretadas anteriormente) que imparte en USA, España, Italia, e Portugal,así como coa súa intensa actividade como intérprete (dende o 2008 inclúe tamén a gaita nas súas actuacións) e compositor.  

 

 Prieto, que está a revolucionar a interpretación no eido do acordeón, actuou no Berklee Perfromance Arts Center(Boston); no Blue Note, no Williamsburg Jazz Festival e no Jazz at Lincoln Center, de Nova Iorque; no New Jersey Performing Arts Cente (Nova Jersey), no Three Rivers Musical Festival (Columbia), no Mary D 'Angelo Performing Arts Center (Erie, PA) e no Festival Internacional de JazzImaxinasons cidade de Vigo, entre outros.

 Posúe numerosos premios, entre os que cómpre salientar o 1º Premio Citta de Castelfidardo(Italia, 2001), o Premio Artista Creativo concedido pola Asociación Española de Interpretes e Executantes (2001), e o 1º Premio en Composición outorgado pola Revista arxentina CMZK's (2002). Recentemente gravou (CD), "Chris Cheek and V. Prieto. Rollo-Coaster", que éo seu tercer traballo discográfico (Cheekus Music).

 

 Víctor Prieto non se adscribe a ningunha corrente estética. Asegura que para el compoñer é “o xeito que teño de expresarme, de transmitir as miñas inquietudes, e de plasmar en papel as vivencias e as novas ideas ou coñecementos que un vai adquirindo ó longo dos anos. Realmente só intento facer o que me gusta, sen esquecerme, sen lugar a ningunha dubida, das miñas raíces”.  Á hora de crear non segue ningún proceso -“cada peza esta ideada dun xeito diferente”-, atopando a inspiración na súa dona, na familia, na cidade de Nova Iorque (con todo o que conleva esta cidade: música e cultura), e na Música Galega.

 

 A súa música abrangue todos os estilos musicais cós que está en contacto, mesturando diferentes tendencias “que veñen do Jazz, do Tango, da Música Clásica, e Raíces Celtas, enriquecidos con novos ritmos e cores”. A pesar de que practicamente a totalidade das obras do catálogo de Prieto están escritas en América (salvo Hei sera), todas elas están impregnadas da esencia galega, segundo se pode apreciar mesmo no propio título.

 

Prieto ten especial predilección por Muiñeira da Carmen (2000), incluída en Persistencia, porque “ foi a miña primeira obra de música celta galega mesturada có jazz”, e por Nos Altos de Washington, (2008), que a interpretou por primeira vez xunto con Chris Cheek, no Penelope Street Queens de  Nova Iorque.

 

 

 

 

 

 

 

Proxetos:

 

 

 

 

                                Chris Cheek and Victor Prieto
                                                      Duo
                                Chris Cheek, tenor and soprano
                                Victor Prieto, accordion

 

 

 

Cada composición do duo revela unha articulación detallada, un pesamento contemporanio con moita enerxía, que cobre estilos de jazz, tango, brazil e musica Celta. "All About Jazz" di que Chris Cheek e Victor Prieto forman un duo onde a musicalidade e enerxía non teñen fin.


Orixinario de St Louis, Missori, Chris Cheek, e fillo dun director de banda dunha escola, empezou a tocar ou saxofón alto cando tiña 12 anos. Chris tocou cunha grande variedade de formacións locais de jazz e Blues ao mesmo tempo que asistia a Universidade de Webster. Non ano 1988, recibíu unha bolsa pra ir a pregistiosa Berklee College of Music (Boston) onde Chris estudiou con Joe Viola e Hal Crook, posteriormente  recibiu master en Jazz.

Non ano 1992 Chris desprazase a New York City  e dende entón ten  tocado e gravado con numerosos grupos incluindo:  Paul Motian 's "Electric Bebop Band", "The Bloomdaddies, Charlie Haden 's "Liberation Music Orchestra", The Brian Blade Fellowship, Wolfgang Muthspiel, Luciana Souza, David Berkman, and Guillermo Klein ' s "Os Guachos".  Chris ten tocado en Xapon, China, Rusia, Canada, toda Europe e Estados Unidos con estas e outras bandas. En adición  a todo o dito ten gravado en mais de 70 albums como colaborador, Chris ten 4 Albums como leader non selo discografico Fresh Sound, "I Wish I Knew", "A Girl Named Joe", "Vin" e ou mais recente "Blues Cruise", con Brad Mehldau. Hoxe en dia  vive en Nova Yorke, e continua cunha vida musical moi activa tocando e gravando con proxectos diferentes.

 

 

 

Víctor Prieto Trío


Víctor Prieto, acordeón.
Jorge Roeder, baixo.
Eric Doob, batería.

 


Víctor Prieto Trío Á súa chegada a New York, Victor crea o seu primeiro proxecto. Victor Prieto Trio. O grupo esta formado por Víctor Prieto (acordeón), Jorge Roeder (baixo) e Eric Doob (batería).
Nesta formación Víctor Prieto invítanos a viaxar polo seu mundo baseado fundamentalmente en temas orixinais.  Como todo artista, nas súas composicións reflicte a realidade musical dos seus arredores e ademáis ten a capacidade de integrarse comodamente noutros temas de distinto estilo ao compositor. O seu son fresco e enerxético transmite ao oínte sensacións sen limite.


 

Jorge Roeder
É nativo de Lima Peru, e un dous baixista mais iportantes dá escena internacional de jazz.  Recentemente o foi agasallado co primeiro premio pola recoñecido asociacion internacional de contrabaxistas de Jazz.
A idade de 14 anos, emperzou a estudar, e dous anos mais tarde foi invitado a continuar os seus estudios de musica clasica non Rimsky Korsakov Conservatory in St. Petersburg, Russia. Non ano 2002 vai vivir a Boston MA onde recive un bolsa para estudar non Conservatorio de New England onde estuda jazz con John Lockwood e Danilo Perez, entre outros.  E un musico con visións e abilidades moi amplas, Jorge e membro do Kenny Werner Trio, Julian Lage Group, the Dan Tepfer Trio. Jorge ten compartido os escenarios con musicos tan importantes como, Roy Haynes, Alex Arrola, Geoffrey Keezer, Steve Lacy, Maria Schneider, Kenny Werner and Matt Wilson.

 


 

Víctor Prieto Trío Plus One


Víctor Prieto, acordeón.

Chris Cheek, sax
Jorge Roeder, baixo.
Otis Brown III, batería.

 

 

 

 

 

 

 
inferiorContenidos
Para visualizar esta página debes tener instalado FLASH 8.0.0 plugin 00audiovisual. Descargalo de Flash Player ADOBE